Badminton. Regulamento, técnica e táctica.

 O badminton é un dos deportes de raqueta máis coñecido e practicado. En diferenza con outros deportes de raqueta, no badminton xógase con unha pluma ou volante, non con pelota. Ten varias modalidades: individual e dobres.


Pista e equipamento

Existen varios aspectos a ter en conta no espazo donde se xoga en badminton. Algúns dos máis importantes son os seguintes:

· Campo de xogo


O campo de badminton consta de unha rede e 4 zonas diferenciadas, dous cadros de saque dereito e esquerdo, repectivamente, en cada campo. Estas zonas sirven para executar o saque nas distintas modalidades, en individuales ou en dobres. O campo ten unha anchura de 6´10 metros e unha lonxitude de 13´40 metros. Cada zona de saque consta de un ancho de 2´53 metros e unha lonxitude de 3´98 metros. Para os dobres úsanse líneas que varian con respecto aos individuales. A liña de fondo seguirá sendo a mesma, pero a liña de saque largo en dobres estará 72 centímetros por diante desta, a diferencia cos individuales que usaban a línea de fondo como línea de saque largo. No ancho do campo podemos observar tamén unha variación con respecto ao campo de xogo en individuales, engadíndose 42 centímetros por cada lado do campo. 
Este campo está constituido tamén por unhos postes de 1´10 metros de altura que estarán colocados nas líneas laterales de dobres do campo de xogo. As líneas do campo deben ser fáciles de distinguir e deben ter unha anchura de 40 milímetros. 


· Volante

O volanté é o proxectil aerodinámico que utilizamos en badminton. Este volante pode estar constituido de diversos materiales, naturales ou sintéticos. Este volante está formado por una base de corcho e por 16 plumas fixas a base. En niveles menos competitivos e principiantes úsase unha pluma con materiales sintéticos, que presenta varias diferencias con respecto a natural. As plumas que compoñen este volante teñen que ter unha lonxitude de 62 a 70 milímetros. Estas plumas deben de estar correctamente aseguradas a base con algún tipo de material, como pode ser un fio. A base de corcho debe estar entre os 25 e 28 milímetros de diámetro, con forma redondeada e pesando entre 4´74 a 5´50 gramos. O volante sintético pode presentar variacións  con respecto a algúns aspectos de este, pero non pode presentar cambios no diseño xeral, na velocidade e no vo do volante. Para poder comprobar que un volante está perfectamente regulado realízase unha proba de velocidade de este.


· Raqueta

A raqueta é a estrutura ou o aparello co que vamos a impactar e golpear o volante para conseguir propulsalo e mandalo ao campo contrario. As dimsensións da raqueta están definidas e establecidas por un regulamento. A raqueta pode chegar aos 680 milímetros de lonxitude e aos 230 milímetros de ancho e non pode ser modificada na forma ou no material de composición.  A raqueta consta de cinco partes ben diferenciadas: 

- O mango. É a parte pola cal o xogador agarra a raqueta ca súa man e é por donde teremos suxetada esta para poder golpear o volante.

- O pau ou vara. Esta parte é a que conecta e une o mango ca cabeza. Esta parte ten unha gran lonxitude e hai que ter especialmente coidado con non torcela ou golpeala.


- A gorxa. Esta parte é a menos diferenciada da raqueta. A súa función é unir a cabeza desta coa vara ou o pau. En moitas raquetas pode existir a posibilidade de que non teñan gorxa e unan directamente a vara coa cabeza da raqueta, como podemos observar na imaxen anterior.

- A cabeza. É a parte que rodea a área das cordas. A súa función é servir de protección para a área de cordas e ao mesmo tempo serve de soporte pa estas.

- Área das cordas. Esta parte da raqueta é ca que vamos a golpear o volante e está constituida por unha unión de cordas unidas entre si e protexidas e soportadas pola cabeza. Un terrmo importante é que esta parte debe ter unha superficie plana e non pode exceder os 280 milímetros de lonxitude e os 220 milímetros de ancho total. Os xogadores teñen que ter especial coidado co trato e co uso desta parte da raqueta xa que as cordas poden ser danadas ou rotas facilmente.


Regulamento

Hai varios aspectos e conceptos a ter en conta no regulamento de badminton, os máis importantes son os seguintes:

· Tanteo

Un partido de badminton xogarase a 3 ao mellor de tres xogos, normalmente. Nestes xogos sumarase un punto cada vez que algúns dos lados consiga que o volante impacte na superficie do chan do campo contrario ou que este equipo cometa unha falta. Cada xogo remata cando algún dos dous lados acada os 21 puntos. Si os dous lados chegan aos 20 puntos empatados, o lado que consiga acadar primeiro unha diferenza de dous puntos ganará o xogo. Existe a posibilidade de que os dous lados cheguen aos 29 puntos empatados sen conseguir ningún a diferenza de dous puntos, neste caso o primeiro que logre o punto 30 ganará o xogo. O último que cabe destacar no tanteo é que o lado que primeiro logre ganar un xogo, sacará primeiro no seguinte xogo.

· Cambio de lado

O cambio de lado é unha maniobra estipulado no regulamento oficial do badminton. Os xogadores deben cambiar de lado en varias situacións:

- Ao final do primeiro xogo.

- Ao final do segundo xogo.

- No terceiro xogo, no momento que un dos lados acade os 11 puntos.

Para rematar, si por algunha situación os xogadores non cambian de lado e seguen xogando, estos deberán cambiarse de lado según identifiquen o error e o volante non esté en xogo, mantendo igualmente o tanteo.

· Saque ou servizo

Para realizar un saque correctamente en badminton hay que ter en conta os seguintes aspectos:

- Ningún dos dous lados debe retrasar indebidamente o saque unha vez que o servidor e o receptor estén listos ou preparados.

- Ao finalizar o movemento hacia detrás da cabeza da raqueta do sacador ou servidor, calquer retraso que se produzca no comezo do servizo debe ser considerado como un retraso indebido.

- O sacador e o receptor correspondentes deberán estar colocados nos cadros de saque diagonalmente opostos sen tocar as líneas que delimitan estos cadros de saque.

- No momento de realizar o saque, o sacador e o receptor teñen que ter algunha superficie en contacto ca superficie da pista en posición estática ata a execución de este.

- A raqueta do servidor debe golpear incialmente a base do volante.

- A traxectoria do vo do volante debe ser ascendente, pasar a rede sin tocala e ir dirixida ao cadrado do receptor.

- O servidor non deberá sacar antes de que o receptor esté listo ainda que si este intenta devolver o saque considerase que estaba preparado.

- O saque comézase co movemento cara adiante da cabeza da raqueta e considerase que realizado cando a cabeza da raqueta golpea co volante ou cando o servidor no intento de executar este perde o volante.

· Técnica

Para realizar correctamente un saque ou un golpeo nos lances do xogo temos que prestar especial atención a técnica. Existen varios golpeos e varios tipos de saque:

Saque corto. 

Este tipo de saque consiste en buscar unha traxectoria que teña unha dirección hacia o cadrado que está colocado na diagonal donde está posicionado o receptor, pasando cerca da rede buscando que o volante impacte na liña de saque corto do campo rival. Este tipo de saque pode ser realizado de dereito ou de revés. Un aspecto importante é que a perna contraria a man do saque ten que estar más adiantada.



Saque longo.

Outro tipo de saque é o saque longo. Este consiste en un golpeo por no cal a cabeza da raqueta está por debaixo da cadera do servidor e que busca unha traxectoria ascendente que chuegue a final do cadrado do receptor, máis concretamente ata a liña de saque largo da superficie do campo contrario. Este saque tamén se pode realizar de dereito ou de revés.



Clear.

O clear é un golpe defensivo que ten unha traxectoria ascendente e ten que chegar ao fondo do campo contrario. Principalmente é un golpe defensivo, pero tamén se pode utilizar como un golpe ofensivo buscando menos altura. Normalmente executase desde o fondo do noso campo e vai ata o final do campo contrario. Este golpe executarase, partindo da posición básica, ca raqueta arriba en posición ascente.


Lob.

O lob é outro dos golpes defensivos máis importantes en badminton. Este golpe execútase, normalmente, cerca da rede e buscase que chegue ao final do campo campo contrario. Este tipo de golpeo tamén ten unha traxectoria ascendente e execútase a unha altura baixa por debaixo da cadera. O movemento que realizamos de abaixo a arriba para golpear o volante continua despóis de impactar con este.


Drive.

O drive está catalogado e clasificado como un golpeo defensivo e que busca más tensión que un golpe dos anteriores, pero tamén se pode considerar un golpeo defensivo. Este tipo de golpe consiste en un golpeo a altura da cabeza, aproximadamente, e que busca que o contrario falle a devolución de este remate con esta gran tensión. Este golpe debe pasar cerca da rede ou polas suas proximidades, buscando que sigan unha traxectoria descendente. É un golpe de mediana altura e que se realiza partindo da posición básica.


Smash.

O smash é o golpe diferencial de ataque en badminton. A súa traxectoria é descendente e recta. Realizarase desde unha altura considerable e intentaremos que impacte na mitade do campo rival ou na parte final de este. O punto máis importante e que teña unha traxectoria descendente e teña forza e tensión no golpeo para impactar directamente no chan.



· Táctica.

A táctica é o conxunto de xogadas, sistemas e posicións que vamos a utilizar para sair beneficiosos nos lances do xogo nun partido ou no resultado final do mesmo partido de badminton. Na táctica debemos fixarnos en diversos aspectos. A nivel individual temos poucas cousas que comentar, simplemente que os xogadores despóis de realizar un golpeo intentan volver sempre rapidamente ao medio do campo, a súa posición básica para ter vantaxe no seguinte golpeo e estar colocados correctamente para un mellor impacto de volante ca raqueta. Neste apartado individual tamén podemos encontrar as características ou gustos personales, cada xogador ten as suas preferencias na súa posición e colocación no campo durante o xogo.
A nivel de dobres presentanse máis aspectos a ter en conta. O primeiro que podemos destacar e a posición dos xogadores en dobres. Está posición é variable e presenta cambios según transcurre o xogo. A nivel ofensivo, os xogadores poden decidir que o xogador que realiza o saque e que leva unha inercia do movemento hacia adiente se coloque máis adiantado, moi cerca da rede, con respecto ao seu compañeiro. De esa forma o xogador que se encontra na posición máis adiantada estará pendente a cada golpeo fallido ou defectuoso do equipo contrario que deixe o volante cerca da rede para poder rematalo con un golpe ofensivo. Con esta posición adiantada este xogador tamén pode estar pendente as deixadas cortas que poidan intentar realizar o equipo contrario durante o desarrollo do xogo. O xogador que está nunha posición máis retrasada estará pendente aos golpeos defensivos do equipo rival que lle cheguen as inmediacións do final do seu campo. Este xogador será o encargado, respectivamente, de golpeos como o lob ou drive que teñan unha traxectoria ascendente dirixida ao final do campo.


A parexa que está defendendo presentará, normalmente, outra posición e disposición no campo. Esta posición será máis corriente, principalmente os dous xogadores en liña para abarcar a maior superficie do campo posible defensivamente. Estes xogadores parten da posición básica e están preparados para recibir golpeos tanto ofensivos como defensivos durante o transcurso do xogo. Cabe destacar que esta colocación defensiva pode variar, como xa dixen anteriormente, a medida que avance o xogo, por exemplo, si consiguen un punto e posuen o saque. 


Si se consiguen cambiar os aspectos defensivos a ofensivos ten unha gran importancia buscar as esquinas e os espazos libres ou fráxiles da defensa rival, intercalando todo tipo de golpes e intentando cometer os menos errores posibles.

Bibliografía: 











 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Motivación y autoconfianza

  La autoconfianza es la cualidad o estado que permite a una persona conseguir los objetivos o completar cualquier tipo de actividad resolv...