Tenis de mesa
O tenis de mesa é un deporte de raqueta de dobres ou individual. Naceu no siglo XIX en Inglaterra como unha variante do tenis e foise desenvolvendo pouco a pouco introducindo novos conceptos e melloras, tanto técnicas e tácticas como nas instalacións e no reglamento. É un dos deportes máis complexos que se pode practicar a nivel profesional, ao mesmo tempo que é dos máis practicados no mundo. Este deporte permite desarrollar certas capacidades, como poden ser a concentración ou a memoria.
En este artículo vamos a analizar os aspectos fundamentais deste deporte: instalacións e material, regulamento, técnica e táctica.
Instalacións e material
O tenis de mesa é un deporte que se realiza en espazos cerrados, gracias a que os antiguos xogadores de tenis pensaron en desarrollar un xogo no que non interviran as condicións climáticas. A continuación vamos a realizar unha análise das instalacións e materiales máis importantes: a mesa, a pelota e a raqueta.
A mesa
A mesa é o taboleiro que constitue a superficie do xogo na que se van a xogar a totalidade de competicións. Esta mesa ten un conxunto de características que podemos destacar, como poden ser os seguintes:
- A mesa terá unha superficie rectangular, con unha lonxitude de 2´74 metros e un ancho de 1´525 metros, situándose nun plano horizontal a 76 centímetros do chan.
- A superficie da mesa podrá ser de calquer material, proporcionando un bote uniforme.
- A superficie de xogo non inclue os laterales da parte superior da mesa.
- A superficie de xogo será de cor oscuro uniforme na súa totalidade, exceptuando os bordes do campo que estarán señalizados cunha línea duns 2 cm.
- O campo está dividido a metade por unha rede que delimita a superficie de xogo en dous campos iguales. En caso de xogo de dobres ou de parellas, cada campo divídese a metade por unha línea paralela dun ancho de 3 mm e paralela as líneas laterales .
A pelota
A pelota é outra das partes fundamentais de este deporte, presentando varias diferencias cas pelotas dos deportes primos de raqueta como poden ser o tenis ou o pádel. Esta pelota debe ser esférica e presentar un diámetro de 40 mm e un peso de 2´7 gramos. Outro dos requisitos é que deberá ser de celuloide ou dun material plástico similar, presentando unha cor branca, laranxa ou mate.
A pa
A pa é outro dos aspectos máis importantes deste deporte, presentando varias diferencias cos deportes primos ao igual que a pelota. A pa de tenis de mesa presenta as seguintes características comúns:
- A folla debe ser plana e ríxida, independientemente do seu peso, forma e tamaño.
- Unha das suas características máis específica e diferencial é que o 85% do grosor da folla ten que ser de madeira natural, podendo estar reforzada interiormente cunha capa adhesiva dun material fibroso pero sin sobrepasar o 7´5% do grosor total.
- Os lados de golpeo da raqueta poden estar recubertos de duas maneiras: con goma de picos normal cos picos en dirección cara a fora ou ben con goma sándwich cos picos en ambas direccións indistintamente, respetando en ambas formas os límites e o grosor da pa. Ditos recubrimentos chegaran os límites da pa e, en ningún caso, os sobrepasarán.
- Todos os materiales da pa serán continuos e uniformes en toda a súa superficie.
- O recubrimiento da pa será usado no seu estado natural, sen tratamentos tanto físicos como químicos.
- O xogador está obrigado a poñer a disposición tanto do árbitro como dos xogadores rivais a súa pa en calquer momento do partido. Esta pa pode ser examinada con detalle.
Regulamento
- O servizo
O servizo ou saque é a maniobra que da comezo o xogo dun punto durante a totalidade dun partido. Para comezar, o xogador que saca ou o sacador debe comezar posicionándose sempre desde o lado dereito, deixando a pelota nun estado de "reposo" ou inmóvil na palma da man libre. A seguinte fase é a elevación da pelota de forma totalemente vertical, buscando que alcance uns 16 centímetros e caiga sen ser interrumpida por ningún obxecto e sin tocar nada antes de golpeala, de forma que no momento do seu descenso efectuemos o golpeo e este toque incialmente no noso campo para posteriormente botar no campo rival.
No caso de xogo de dobres, o saque efectuase desde o campo dereito do sacador, botando igualmente no noso campo, e con dirección ao campo dereito rival.
Un dos aspectos máis importantes do saque, tanto en individuais como en dobres, será a súa correcta execución. O saque ten que cumprir en todo momento as regras e se, en caso contrario o árbitro dictamina que existen anomalías na súa posta en práctica avisará por primeira vez ao sacador, pedíndolle que corrixa a súa posta a punto deste. Se o saque segue a ser incorrecto, o árbitro anulará este saque e dara este como incorrecto.
- A devolución
Unha vez realizado o saque, o xogador rival vai a efectuar un golpeo que denominamos "devolución", que nos permite contraatacar e golpear pelota de forma que toque o campo rival directamente ou podendo dar anteriormente na rede e logo tocar a superficie do campo rival.
- Orden de xogo
No momento que sea realiza o saque de servizo, o xogo comeza. En individuais, o xogo comezará co servizo do sacador ou servidor, que buscará ser o máis ofensivo posible. O receptor realiza un golpeo de resposta e así seguirá o ciclo do xogo intercambiando golpeos ata que algún dos dous consiga anotar un punto, xa sexa polo erro do rival ou por unha gran xogada persoal.
En dobres presentase unha técnica similar. O servidor realiza o debido saque, o receptor golpea a pelota respondendo ao golpeo. Entón, o compañeiro so servidor ou sacador terá que devolver o golpeo do rival, coordinándose co seu compañeiro para que non o moleste no golpeo da pelota. Seguidamente, o compañeiro do receptor terá que golpear a pelota e voverlla a mandar ao servidor inicial. Este ciclo de golpeos repetirase sucesivamente ata que algún dos dous equipos anote un punto.
- Anulación
Unha xogada pode ser anulado nos seguintes casos:
- Si a pelota toque a rede na execución do saque ou servizo, tomando como base que o servizo sexa totalemente correcto ou que a pelota sexa bloqueada ou obstruida polo receptor.
- Si o sacador executa o servizo mentres que o equipo rival non está preparado ainda para este, sempre e cando estes non teñan ningunha intención de devolver o saque ou golpear a pelota.
- Si o fallo ou claquer tipo de erro no golpeo é debido a un mal comportamiento e a unha deficiente actitude do xogador.
- Si o árbitro asistente interrumpe o xogo en calquer lance do partido.
- Si se interrumpe o xogo por parte do comité arbitral ou o mesmo árbitro nos seguintes casos:
- Para correxir un erro.
- Para a regra de aceleración.
- Para unha amonestación.
- Perturbacións e anomalías nas condicións de xogo.
- O tanto
A sucesión continua de golpeos durante o xogo provocará a consecución en tantos, que sempre que a xogada non se anule, ganaranse nos seguintes casos:
- Si un oponente realiza un saque ou unha devolución incorrectas.
- Se despoís de realizar un golpeo a pelota impacta ou golpeo algo, sen que sexa o conxunto da rede, antes do golpeo do rival.
- Se a pelota pasa por riba do campo rival o sobrepasa os límites de fondo sen haber tocado antes no campo contrario.
- Se a pelota traspasa a rede o pasa entre os seus postes e esta.
- Se un contrario obstrue a pelota.
- Se o opoñente toca a pelota varias veces seguidas el mesmo.
- Se o opoñente golpea a pelota cunha superficie inhadecuada.
- Se o opoñente ou algunha das suas pertenzas ou prendas tocan a rede, ou mesmo ca man libre.
- Se un xogador interrumpe a orde de golpeos.
- O xogo e o partido
Calquera xogador ou parexa ganará un xogo se consegue alcanzar os 11 puntos antes que os seus respectivos rivais. Se en algún caso ambos xogadores ou parellas conseguen 10 tantos ou puntos, ganará o xogador ou a parella que primeiro acade unha diferenza de 2 tantos.
No caso dun partido, este disputarase ao mellor de calquer número impar de xogos establecidos previamente.
Táctica
- Os agarres
- O agarre Shakehand: é a máis común no xogo de tenis de mesa. O agarre é similar a un apretón de mans. A parte fundamental deste agarre é que permite ao xogador xogar e dispoñer das dúas caras ou lados da raqueta, fomentando en gran parte unha amplia movilidade da muñeca, incrementando a súa capacidade de xiros. Outro aspecto interesante deste agarre é que incrementa o nivel de forza que lle podemos aplicar ao golpeo. Para efectuar correctamente esta empuñadura, o dedo índice colocarase extendido sobre a superficie da folla da pala, cunha dirección cara o exterior desta. A empuñadura é igual que a de tenis.
- O agarre Penhold: este agarre é outro dos máis populares entre os xogadores de tenis de mesa. A principal diferenza que podemos atopar a simple vista é que o dedo índice e o pulgar van a estar colocados, en condicións normales, na parte dianteira do mango e os outros tres dedos restantes vanse encontrar colocados de maneira doblada por detrás da cabeza da raqueta. Esta empuñadura ten similitudes na maneira en que collemos a bolígrafo para escribir.
- Os golpeos
- Golpeo de dereita: este golpeo realízase contactando ca pelota do mesmo lado en que temos a pala. Realízase ca man hábil e é necesario que a perna de apoio se manteña retrasada e a man suxeitando a pala retrasada tamén, para posteriormente un movemento de hombro cara adiante.
- Golpeo de revés: o golpeo de revés realízase cando nos vemos forzados a recibir a pelota e golpeala polo noso lado menos hábil. Para realizar este golpeo o braza pasará por diante do corpo, mentres que neste caso a perna que debemos ter adiantada é a nosa perna hábil.
- A deixada: este golpeo podémolo encontrar con varias similitudes en deportes primos como o tenis ou o pádel. Consiste no golpeo da pelota de forma suave, intentando deixar a pelota o máis cercana a rede posible e que o seu bote colla pouca altura para dificultar a devolución. Podemola realizar de dereito ou de revés. Para unha correcta realización deste golpeo debemos estar nunha posición ofensiva na cal o rival se encontre lexos da rede.
- O remate: é o golpeo ofensivo clásico do tenis de mesa. Para realizar este golpeo necesitamos que preceda dunha bola alta, buscando así acabar co punto. O golpeo básase en moita velocidade pero a vez control desa forza impartida ca pa.
Tamén podríamos falar de outros golpeos coñecidos como poden ser o top spin, back spin, sidespin, o liftado...
Táctica
Nos aspectos táctico podemos falar de varios temas con gran importancia. Un deles é a posición corporal durante o xogo. A posición corporal debe ser activa, cas pernas e rodillas un pouco felxionadas, e sempre mantendose en tensión para poder estar atentos e responder con axilidade e velocidade a todo tipo de golpeos. Se conseguemos manter esta posición corporal durante a maioría de tempo do partido vainos a resultar máis fácil chegar a golpeos cerca da rede e ter unha maior capacidade de reacción. Ademáis, o estado de activación e tensión constante permitenos realizar movementos máis cortos e sinxelos, permitíndonos volver rápido a posición incial básica.
Outro tema con importncia é a utilización de distintos golpeos. Cada xogador debe saber a situación na que se encontra en cada momento do partido e que tipo de golpeos utilizar en cada ocasión. Os profesionais deste deporte soen usar golpeos con máis efecto, como o topspin ou o backspin, para poder manter ese carácter ofensivo e acadar un punto canto antes. A clave está en ser polivalente e utilizar tamén outro tipo de golpeos, como poden ser o bloqueo ou unha deixada, intentando sorprender ao rival e non manternos nunha monotonía de golpeos durante o xogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario