A primeira semana foi de incertidumbre. De primeiras, normalmente eu son unha persoa bastante tímida e sabía que non me ía a ser sinxelo comezar a falar con xente que non coñecía de nada. Non coñecía a case ninguén da clase, só a Amanda e a Buján. . A pesar diso, foi incrible a maneira de formar un grupo tan axiña e de coñecernos uns a outros nunha simple semana. Formamos un grupo común no que cando tiveras confianza e te adaptaras, podías falar con todos e cada un de nos coma si levaramos máis tempo do que levamos xuntos. A nivel persoal sorprendeume a maneira na que deixamos a vergoña a un lado e centramonos en formar un grupo común. Pódese xuzgar ou especular de persoas sen coñecelas pero unha vez as coñeces, a túa opinión pode dar un xiro total. Coñecín xente nova que me sorprendeu e cos que desarrollei unha gran relación de amistade. O bon ambiente que se respira día a día é grazas a todos os meus compañeiros que fan que o paso dos días e das horas xuntos volvase máis ameno.
A nivel académico, ninguén sabía o que nos esperaba e tiñamos certas dudas de como se ía a dasarrollar o curso, ou polo menos eu non estaba seguro dos contidos que íamos a poñer en práctica. Sabía que todos os contidos e material relacionados con este ámbito íanme a interesar pero non sabía que ía a aprender tanto deles. Co paso do tempo e do curso fun descubrindo contidos que me gustaban bastante, pero tamén había algún que me resultaba menos interesante, pero como normalmente, sempre hai cousas que che gustan máis ou menos. Estes contidos tamén me reseltaban interesantes en gran parte pola maneira de impartilos dos nosos profesores, que sabían que en algún momento este material fatigarianos por momentos pero axudarianos a mellorar e aprender cousas novas para o noso futuro.
Ao David do pasado dirialle que non se equivocou a hora de escoller os seus estudios, vai a coñecer a xente incrible e vai facer moitas actividades interesantes que non imaxinaba facer nin por asomo no pasado. Non se equivocou en ningún momento.